quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Polos seus cinco sentidos.



  A lei da saga remarca
puro perfil, alma ardente;
pois abandeira o que abarca,
fortalece, é referente.

  Desde que na vida embarca,
emprende abrupta aventura
particular; colle a marca
que encarreira a singradura.


  Repasando anos cumpridos
de mareante sen pero,
sofre castigo severo:

  ROURANELA abre os oídos,
reverdece os tempos idos
e dispara o desespero...

  Do MANUEL SILVA sincero
polos seus cinco sentidos.

   
           (Rioderradeiro)


sexta-feira, 21 de dezembro de 2012

Canto apuntou na libreta.

                                   (Wikipedia)

  Foi, por fin, chegado o día
no que todos comprendemos
que só de mortos collemos
Carta de Soberanía…

  De espíritos desligados,
fóra da carne mortal,
do pecado orixinal
plenamente liberados.

  Eis, nas ledicias do Edén,
de turismo, cadaquén,
de balde, cando nos peta,

  Respaldada a pandeireta
polo INSERSO e polo INÉM,
pois paga Matusalém

  Canto apuntou na libreta.

          (Rioderradeiro)

quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

-¡Remata a vida, ”joder”..!


 (Wikipedia)



Punto final do existir,
Segundo reza o sumario,
A terra está a consumir
Os restos do calendario .

Conclúe o mundo en calvario,
Como reza o manuscrito,
Para pechar o inventario
Que grabou maia en granito.

Faltan dous días de asedio,
E anda Rajoy polo medio
Apurrando a lucifer.

-¡Remata a vida, ”joder”..!,
E non lle pomos remedio
Ao que vai acontecer…


(Rioderradeiro)



Ficheiro: Maya-Maske.jpg
(Wikipedia)

domingo, 16 de dezembro de 2012

Rajoy debruza, de/mente,



Este pincel  afincado,
Náufrago so vestimenta,
Absorto, non se alimenta
Da tinta do Merkelado.

Contuso, por mareado,
Nas coxas, na pernamenta,
Sudor a sal comprimenta,
Co papo ben empapado.

Con toda unha ciencia infusa,
Co seu saber prominente,
Co seu valor providente

Que ao rebaixar non se acusa,
Pois abrangue algo potente,
Rajoy debruza, de/mente,

Coma quen pecando abusa
Das carnes da cornamusa,
E do entramado tridente…

(Rioderradeiro)


sábado, 15 de dezembro de 2012

Perdeu heraldo A Coruña.

                      (Jota-Jota)  Foto de  Quin Muros Negreira

      IN MEMORIAM.


  Era un ser moi singular

de altura un tanto minguada,

gracioso pola mirada

do seu mundo peculiar.


  Coma voceiro de raza

do Concello muradán,

sentaba tarde e serán

cátedra na mesma praza.


  Malpocado!, pereceu

por deixar por testemuña

as penas con que compuña

a vida que padeceu;


  JOTA-JOTA enmudeceu:

perdeu heraldo A Coruña.


(Rioderradeiro)


             (Manuel M. Caamaño)