sábado, 15 de dezembro de 2012

Perdeu heraldo A Coruña.

                      (Jota-Jota)  Foto de  Quin Muros Negreira

      IN MEMORIAM.


  Era un ser moi singular

de altura un tanto minguada,

gracioso pola mirada

do seu mundo peculiar.


  Coma voceiro de raza

do Concello muradán,

sentaba tarde e serán

cátedra na mesma praza.


  Malpocado!, pereceu

por deixar por testemuña

as penas con que compuña

a vida que padeceu;


  JOTA-JOTA enmudeceu:

perdeu heraldo A Coruña.


(Rioderradeiro)


             (Manuel M. Caamaño)

1 comentário:

Anónimo disse...

gustaríalle moito ao irrepetible jj este cariñoso epitafio. Grazas,bardo.