terça-feira, 18 de maio de 2010

Sementa Olivos na pedra



(A Magdalena Olivo, tratando de recompensar unha devoción inmerecida)
___________

Pois gábasme a veleidade


Que late na miña esencia,


Pois lóubasme a vacuidade


Que me prologa a existencia;


Que a miña palabra incerta


Beba da feliz fontana;


De luz, de gracia e de saiva


Asolague a sombra amarga…



¡Sementa Olivo na area!:


No meu deserto de pedra,


¡Presto!, a fe que sanda e salva,


Benquerida Magdalena.
_

domingo, 2 de maio de 2010

Ateigarme o corazón


(Ao dono de "la polla en verso" por ter elevado a RIODERRADEIRO aos altares do seu blog)

_

Non borrar o comentario

Coa goma da “polla en verso”;

Realzar no lado destro,

Coma un exvoto ou sudario,

Néctar do meu relicario,

Mel da miña libación;

Proclamalo inspiración;

Consagrarlle un santuario;

Predicar a devoción

Que colma toda ambición:

De ouropel glorificado,

Ateigarme o corazón.

_

quinta-feira, 29 de abril de 2010

axeonllo en octasílabos.

(Comentario no blog "la polla en verso")



Ben che sei que "a polla en verso"

ben merece endecasílabos

encadeados, zurcidos

por un poeta certeiro:

-dous cuartetos, dous tercetos-

catorce versos completos,

catorce versos moi finos,

aliñados e pulidos

confirmando o gran soneto;

pero, como son cateto

nas artes do sonetismo,

por palpadelas de cego,

O MMar-RIODERRADEIRO

debruza estes octasílabos.
_



domingo, 7 de março de 2010

Para pechares o inverno.



(Ao meu amigo -"Fidalgo" da Fonsagrada- Xesús García Fernández. Os dous sabemos ben  por que.)







Bon Fidalgo peregrino,

Malfadado pregoeiro,    
        
O vento, no fiadeiro,   
  
Xa foi tecendo o teu fío,

Velamen do teu veleiro,

Por navegares, barquiño,    
                               
Da Fonsagrada ao Cebreiro,   
                    
Coa chave que o cerralleiro

Sempre esquece no teu niño

Do recanto feiticeiro,

¡Meu coitado golondrino!,

Para pechares o inverno.
_