sábado, 29 de novembro de 2008
SONETIÑO (con estrambote)::
A SAN NERÓN, PATRÓN
DO LUME.
_______________________
Cando Nerón, Lumieira,
Aprendeu dos seus pecados
A multiplicar quebrados,
Peneira que te peneira…
Cando, da mesma maneira,
Pasou do telo ao gardalo,
Polo aquel de ser honrado
En gran Señor de primeira…
Matinouche o empresario
En combinar co rosario
A levita e a chistera,
E así, entre teima e teima,
Entre aprendelo e gañalo,
Quedouche o Nero enquistado…
Santo Protector das Feiras,
Santo Patrón Monetario,
Santo de moitas maneiras:
¡Político santulario!
Nun mundo tan do revés...
¿Como se pode entender
-Sendo claro e evidente,
Nun mundo tan diferente,
Nun mundo tan do revés-,
Que catro por dous son tres,
Cando o sabio Impertinente
Multiplicou vinteséis?
CUNHA PÓLA DE PRIXEL.
“IMPERTINENTE” NIVELADOR
ÍMPER xa trouxo o NIVEL
Para puntuar o Nero
Con todo o saber primeiro
-Sabor a escoba e chisqueiro-,
Impertinente saber
De alquimista e de segrel,
De copista e de canteiro,
De canto ofrece Rappel
Para coroar o “credo”
Cunha póla de prixel.
sexta-feira, 28 de novembro de 2008
IGUAL DÁ PEDAGOXÍA.
INGLÉS DE CALCOMONÍA.
FUNERARIAS eSeÁ
-Promocións dun grande artista-
Rebaixa o paro en GaliZa.
Quebra a folla de afeitar,
O percebe, o calamar,
Caldeirada á robaliza...,
E ata esas ganas de obrar
Que rexeita a lavativa.
Xa non se pode aguantar:
¡Vivan da teta estatal,
Mantenza da guapería,
O Lápiz e maila harpía
Do bon pensar e falar!:
¡CLASES DE FILOLOXÍA!,
Galiciano, ¡“nunca máis”!:
INGLÉS DE CALCOMONÍA
Subscrever:
Mensagens (Atom)