AIREnaEIRA
AIREnaEIRA
sexta-feira, 28 de novembro de 2008
O "CASTOR" ARQUITECTO DE RÍO LINGÜÍSTICO.
Mamífero roedor,
Polo pelexo apreciado,
Non se presta ao revoltallo,
Amigo da confusión;
Pois merece, no escalón
Dun mundo xerarquizado,
Cuadrupedarse ao cadrado,
Fóra de competición,
Ao longo de todo o ano,
Se dá licenza o Castor.
¿GaliZa con "C" ?
Calzasachos, Calzasachos,
Calzasachos, calza ben
o teu legón de traballo
co nobre pau de carballo
da ciencia do teu saber
se ha de ir GaliZa con "Ce"
como vai en castellano,
que é como che debe ser
por dereito e por revés,
á voz dun ordeno e mando.
(Rioderradeiro)
terça-feira, 25 de novembro de 2008
CABACEIRA INSTITUCIONALIZADA.
_______________________________________
_____________________________________
Aqueles canteiros sabíanche moi ben o oficio e algo de economía material: Pedra a pedra, coa devoción dos prefesos no gremio. Unha gloria de arte.
__________________________________
PATRIMONIO NACIONAL: Cabaceira de Xoana do Rouco.
domingo, 23 de novembro de 2008
POR QUEN VELA ESA CAMPÁ?
O outono,
o outono...!,
cadaleito do verán.
O verán morre no colo
dun novo airiño frescal.
A folla,
a folla..!,
cabelo, que tornou loiro,
humillado polo chan
na floresta e no fondal.
Marusía,
marusía..!,
mareira do mar de fondo,
salseiro de vendaval
pola bocana da ría.
Bruar,
bruar..!,
bruar e choutar do vento,
se ao vento prace choutar
nas comisuras do alento.
Chorar,
chorar..!,
quen chora nesta cantiga
con laios de vela e quilla?
Por quen vela esa campá?
(Rioderradeiro, Vigo, 23/11/08)
Mensagens mais recentes
Mensagens antigas
Página inicial
Subscrever:
Mensagens (Atom)