terça-feira, 4 de novembro de 2008

A PORTA ESTÁ PECHADA


(Tentación serodia)


Está chamando á porta o amor.

A porta está pechada.

O amor non sabe nada.

-Está pechada a porta, amor!



Entrada de castelo resgardada

de ventos do solpor.




-Está pechada a porta, amor!

Amor, non sabes nada!

(Rioderradeiro)



(Foto Reyes Benoit)

.- Quero alí despertar.



NO MAR
(Epitafio)



  Que me espallen no mar,
no mar..!,
esta semente altiva,
semente de vencer
unha morte inimiga.

  Que o meu corpo navegue,
navegue..!
pola ampla avenida
- soñar..!-,

  pór rumbo a Monte Louro,
á miña ría!;
quero alí despertar.


                                                                               (Rioderradeiro)

NAI



NAI (2ª versión)
___________________

Se buscas a palabra, di nai;

Di nai,¡nai!, a palabra máis limpa…

Se bucas a palabra, di amor;

Di amor, ¡amor!, que sabe a risas.

Se buscas a palabra di sempre;

Di sempre, ¡sempre!, este amor, naiciña.


O meu corazón debuxa a imaxe
E os meus labios pronuncian:¡María!
Os meus labios repiten
O que o corazón dicta:
-¡María!

Na praia túa e miña.


Resultado de imaxes para rioderradeiro
  
  Chouta o mar na memoria,
chouta o mar na memoria…
A vaga fuxidía
vén remansar na area
onde o mallante humilla.

- Ti e mais eu, ás risas,
a xogar na marea
ao socaire da brisa.


  Chouta o mar na memoria…
Augas tenras ou vivas,
nas mil cores da infancia,
a requintar a escea,
que a memoria acariña.

- Ti e mais eu, ás risas,
a xogar na marea
ao socaire da brisa.


  Chouta o mar na memoria,
chouta o mar na memoria…
A onda vagaríña
repregada na vea
dunha memoria espida.

- Ti e mais eu, ás risas,
a xogar na marea
ao socaire da brisa…

  Na praia túa e miña.


    (Rioderradeiro, en Vigo)


Resultado de imaxes para rioderradeiro

IRMANDADE “IN AETERNUM”



IRMANDADE “IN AETERNUM”
_________________________


Milagre da palabra,
Alas do pensamento;
Doce rolar das horas,
Follas que leva o vento.

Hoxe, no Carballiño,
Proclama o seu secreto:
O corazón, por cíngulo,
Quere amarrar o tempo.

Á beira do Arenteiro,
Roxelio, O Escaleira,
Ponlle á memoria un templo
Onde oficiar de Papa
Rodríguez Molinero.

Acordeón de fondo,
Pulpo, lacón, ribeiro...
Cocelebrando o encontro,
A curia e mailo clero...

No restaurante O Pote...
_“¡Gloria in excelsis Deo!”_
Liturxia de exclaustrados,
¡Irmandade “in aeternum”!

¡Amén!