Chouta o mar na memoria,
chouta o mar na memoria…
A vaga fuxidía
vén remansar na area
onde o mallante humilla.
- Ti e mais eu, ás risas,
a xogar na marea
ao socaire da brisa.
Chouta o mar na memoria…
Augas tenras ou vivas,
nas mil cores da infancia,
a requintar a escea,
que a memoria acariña.
- Ti e mais eu, ás risas,
a xogar na marea
ao socaire da brisa.
Chouta o mar na memoria,
chouta o mar na memoria…
A onda vagaríña
repregada na vea
dunha memoria espida.
- Ti e mais eu, ás risas,
a xogar na marea
ao socaire da brisa…
Na praia túa e miña.
(Rioderradeiro, en Vigo)
Sem comentários:
Enviar um comentário