DESESPERANZA
__________________
¿Quen me roubou a luz
E a sombra que a acompaña,
Ese perfil do ser
Por onde pula a alma?
¿U-los días felices,
Esgazados, da infancia?
¿Que foi da mocidade..?
¡Ouh, fume das nostalxias!
Este corpo en ruinas
Bota en falta a esperanza
terça-feira, 4 de novembro de 2008
TODAS QUEDAN BORRADAS
TODAS QUEDAN BORRADAS
_________________________
...e quedan esmorecidas
As palabras:
Novas vellas folerpas de sangue,
E en sangue
Desmaiadas...
E quedan maimiños os suspiros das penas,
E as bágoas.
¡Ai, as bágoas!
Todo torna estantío..., todas quedan...
Borradas.
Cadra morrer un día,
Comenzo, medio ou fin
De calquera semana,
No mes primeiro ou último,
Naquela hora mala.
Se estás canso ou con folgos,
Se na furia ou en calma...,
Cando a morte reclama,
¡Que importa a circunstancia!,
Pra morrer sempre hai causa.
...E quedan esmorecidas
As palabras:
Todo torna estantío..., todas quedan...
Varadas e borradas...
¡As bágoas!
¿… E as palabras ?
¡Ai, as palabras!
¿Quen acolle as palabras?
=====================================
_________________________
...e quedan esmorecidas
As palabras:
Novas vellas folerpas de sangue,
E en sangue
Desmaiadas...
E quedan maimiños os suspiros das penas,
E as bágoas.
¡Ai, as bágoas!
Todo torna estantío..., todas quedan...
Borradas.
Cadra morrer un día,
Comenzo, medio ou fin
De calquera semana,
No mes primeiro ou último,
Naquela hora mala.
Se estás canso ou con folgos,
Se na furia ou en calma...,
Cando a morte reclama,
¡Que importa a circunstancia!,
Pra morrer sempre hai causa.
...E quedan esmorecidas
As palabras:
Todo torna estantío..., todas quedan...
Varadas e borradas...
¡As bágoas!
¿… E as palabras ?
¡Ai, as palabras!
¿Quen acolle as palabras?
=====================================
AS MIÑAS MANS PREGUNTAN.
AS MIÑAS MANS PREGUNTAN.
(Na espera de quen vai nacer)
_______________________________
¡Canta anguria a me queimar
Na alma,
Polos adentros
Do querer!
Semente, semente nova,¡ven..!,
Ven recibir a miña prometida aperta.
Novo sangue a zugar
este sedento abrazo, ¡ven..!
Teño aquel bico grande gardado para ti.
As miñas mans polas túas preguntan,
Que os meus brazos
Xa esmorecen na espera.
(22-5-06)
BOLICHE NO OUTEIRIÑO
(Para cantar, se apetece: "Se o mar deviñese en leite…")
*
"Os do Son?
-Sooón!
-E que son?
-Son ladróns!
-E que rouban?
-Rouban betas e rizóns."
-"Se o mar se fixese leite
e Monte Louro, boroa,
terían de comer sempre
os bolicheiros de Noia."
Arribou no Outeiriño
o barco que veu da Vouga:
-Pídoche lance, Beluso..!
-Bota o aparello na Roda..!
"-Se o mar se fixese leite
e Monte Louro boroa…"
E o aire atrapa o sorriso
que labrou coa súa man…
-Creo que a pesca da tarde
mellorará á da mañá..!
"-Se o mar se fixese leite
e o Monte Louro, en boroa…"
A rede máis ficheiriña,
que xa a largara na Cova,
empeza a botala axiña
na banda do mar de fóra…
"-Terían de comer sempre
os bolicheiros de Noia…"
Peixes de tódalas cores,
ata en marisco hai fartura!
-canta Pepe Mulo, e, a coro,
a leda tripulación
que Pepe Mulo tripula…
"-Terían de comer sempre
os bolicheiros de Noia…"
-"Se o mar se fixese leite
e Monte Louro, boroa,
teriamos de comer sempre
os bolicheiros de Noia."
**
"Os do Son?
-Sooón!
-E que son?
-Son ladróns!
-E que rouban?
-Rouban betas e rizóns."

O TRIUNFO DO FRACASO
O TRIUNFO DO FRACASO
__________________________
E alá, desde o fondo do esperpéntico fracaso,
Rexorde sempre, incólume, triunfal,
O son da gaita das nacións irredentas.
E, se rexorde renovada e combativa a gaita
Das combativas Celtias,
É polos azos que lles brinda o propio e indisoluble ser…
E os seus ceos abertos,
As súas ondas vivas do mar,
As súas almas tenras da terra, amante, nai, maestra.
E, no mar, fica tamén esmorecida a indiferencia,
E desvaecen atofegadas as présas
Á porta das ribeiras.
E nós, pobres Irlandas secuestradas,
A perseguir a engaiolante gaita monótona e tristeira,
Lentamente, paso a paso, polo ronsel da estrela.
E nós, vieiro adiante do invisible,
Nós, perdedores triunfantes,
Coas mans no arado…
E nós, nas nosas verdecentes leiras do futuro,
A profundar a propia identidade,
A loitar, sempre a loitar
Para sermos NÓS plenos:
Nós, o celme da Nación
¡GALIZA!: ¡NÓS!
(Vigo a 27/O2/07)
__________________________
E alá, desde o fondo do esperpéntico fracaso,
Rexorde sempre, incólume, triunfal,
O son da gaita das nacións irredentas.
E, se rexorde renovada e combativa a gaita
Das combativas Celtias,
É polos azos que lles brinda o propio e indisoluble ser…
E os seus ceos abertos,
As súas ondas vivas do mar,
As súas almas tenras da terra, amante, nai, maestra.
E, no mar, fica tamén esmorecida a indiferencia,
E desvaecen atofegadas as présas
Á porta das ribeiras.
E nós, pobres Irlandas secuestradas,
A perseguir a engaiolante gaita monótona e tristeira,
Lentamente, paso a paso, polo ronsel da estrela.
E nós, vieiro adiante do invisible,
Nós, perdedores triunfantes,
Coas mans no arado…
E nós, nas nosas verdecentes leiras do futuro,
A profundar a propia identidade,
A loitar, sempre a loitar
Para sermos NÓS plenos:
Nós, o celme da Nación
¡GALIZA!: ¡NÓS!
(Vigo a 27/O2/07)
Subscrever:
Mensagens (Atom)