terça-feira, 13 de agosto de 2019

.- A quen padeza de insomnio.

Foto de Manuel Lago Alvarez.
(Manuel Lago Alvarez: pequeño incidente con la guillotina)


  Pode un honesto artesán
convivir coa guillotina?;
debe afrouxar disciplina
por un carocho de pan?

  Pode un instinto asasino
perseguirlle rastro a un dedo?;
debe a coitela pór medo
á man que perda o seu tino?

  Pode MANOLO arriscar
o corporal patrimonio?;
debe o teclado do harmonio
neste LAGO acreditar?

  Pode coser e cantar?,
debe ÁLVAREZ despertar
ás bruxas...?, a San Antonio?...,
a quen padeza de insomnio?


  Este solteiro segrar
quixo -a dedo!- recortar
o papel do matrimonio
coa barbeira "del demonio"? 


        (Rioderradeiro)

Imaxe relacionada

2 comentários:

bemsalgado disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
bemsalgado disse...


Ese dedo, despuntado, vai dar os sostenidos cortados,
e o Río aproveita para desaguar a prazer seus bemoles
no tabernáculo tabernario.

Eís dous onomatopéicos gregorianos secularizados
em sinfónica comunión.

Eu, cando durmo o insomnio, alucino. Como agora.