(Cantigas de maldizer para quen insulta impunemente desde un falso perfil, na rede...)
Cómpre arrincarlle esa espiña
por un fracaso incrustada;
convenlle á bicha infestada
aceptar penicilina
como remedio á rutina,
coma homenaxe á pomada,
de cabo a rabo aplicada,
na lingua e mais na retina
de virtual inventada.
Cómpre salvala, pobriña!,
nos seus tacóns enroscada...
(Rioderradeiro)
.- Sicópata de/portada.
______________________
Ou, matrona irreverente
reverencial, reputada..!;
ou colo, e corda, e poutada..!;
ou, valor polivalente,
suicidarse emporcada
en tal perfil preferente,
antítese de iletrada!
Ou, de/mente intelixente!,
ou, culpable impertinente
do teu cartel pendurada,
repelida..., repelente...,
sicópata de/portada..!
(Rioderredeiro)
*****************************
.- Vampira de visigodos.
_____________________
Concertista de acomodos,
satánica en santidade,
puro aceiro en falsidade,
consumista de electrodos,
ventrílocua en vacuidade,
vampira de visigodos.
(Rioderradeiro)
___________________________________________
.- Prescindir dos malos modos.
--------------------
Pór enxeño nos "apodos",
practicar a caridade,
profesar a calidade,
paradigma para todos:
prescindir dos malos modos...
(Rioderrradeiro)
Que lle dá pulo á palleta.
_____________________Bailarina bolboreta
salientada nun tacón
adobado en pandeireta;
ves refaixo na pirueta
dun café con salpicón
que lle dá pulo á palleta.
(Rioderradiro)
.- Sicópata en controversia.
________________________
Salvando altura da cama,
o pé, no zapato fino,
soubo envaiñar tan divino
servizo á tan baixa dama.
Debruza agora, derrama,
empurra polo fociño
cal vendaval de cariño,
como halitose, a soflama.
É mentireira, é teimuda;
canto á maldade, é diversa;
toda razón terxiversa;
corroe a rabia á rabuda.
Na adversidade é perversa,
na vacuidade está inmersa,
na veleidade é varuda,
na escuridade se escuda...
Sicópata en controversia.
(Rioderradeiro
.- A dos tacóns depravados.
_____________________
Ten os seus días contados
vedete entre bambalinas;
acampará nas latrinas
a dos tacóns depravados.
Acampará nas latrinas,
confiscará campamento,
consumirá ese alimento
recargado en vitaminas.
Consumirá ese alimento
concomitante, indixesto,
contaminante, funesto,
correlativo excremento.
Ten os seus días contados
a dos tacóns depravados.
(Rioderradeiro
.- Dun claustro particular.
__________________
Sentenza o Pianobar,
contubernio en sobremesa,
menú da mafia escocesa:
prohibido disparar
contra o perfil da abadesa
dun claustro particular.
(Rioderradeiro)
.- Con mando en praza, a Marita.
__________________________
Suprimida, desterrada
daquel fortín -ler garita-,
na ignominia sepultada,
a sicóloga que irrita,
de golpe, que resucita
no peitoril da finada,
heroica, ben reforzada
esfollando a margarita,
modelo de refinada
-santa Bárbara bendita!-,
máis radiante, máis bonita,
entre pitón e pintada,
entre placidez e espada,
entre doce e dinamita...,
con mando en praza, a Marita;
como unha dama, a malvada:
Perversidade infinita...
(Rioderradeiro)
.- Binomio ausente da mesa.
______________________
Prospecto. Pianobar.
Cónclave Mafia Escocesa,
directorio, a toda présa;
o baleiro a destacar,
binomio ausente da mesa.
Quen comanda a letra impresa?
Obrigado é gobernar
en consorcio a nosa empresa.
(Rioderradeiro)
.- Para comerte, doncela.
____________________
Como loce pernamenta
de repasar pasarela!,
que ben calceta en por ela!,
como leva a ferramenta
-verduras, allos, pementa-
nun bolso que foi pamela!,
que graza amosa, tutela
cando a linda fundamenta
tódolos tipos de imprenta
resplandecentes en vela!
Deixo cintura incruenta.
Como, diantre!, esquecela,
se os mocasíns son de menta,
os calcetins de un cincuenta
e o manequín dá en gacela?
Para comerte, Doncela!
(Rioderradeiro)
(de Antón Lameiro) |
1 comentário:
Creo que quer saltar dos seus tacóns, ao teu pescozo.
Enviar um comentário