domingo, 9 de novembro de 2014

No meu corazón, paciente.


  De pasos acompasados,
o seu perfil, nobre, ergueito;
os seus dous brazos pensados
para estreitar o teu peito.

  De tan xentil, circunspecto,
e familiar, ¡de que modo!;
cómpre dicir, foi perfecto
canto a leal, sobre todo.

  Partiu da vida aparente,
retorna ao mundo real,
resplandece, radical,
noutra verdade impoñente.

  O mal da ausencia, presente,
doenza en tempo parcial,
repercute, pedernal, 
no meu corazón, paciente. 
   

    (Rioderradeiro)



2 comentários:

manuel dosil fernandez disse...

Non só es un completo versificador, es tamén un poeta. Parabéns e agradecemento polos escritos

Anónimo disse...

Manuel Dosil Fernández, acóllense as túas gabanzas coma os santos agradecen o incenso e as velas.