Vou metido entre dous
interrogantes,
ás apalpadas, polo laberinto;
comigo vés por retorto recinto,
competindo imos dous vociferantes.
Maldicindo de nós, de
contrincantes,
do divino e do humano discutindo;
estamos sós, gritando e repetindo,
monologando á vez, recalcitrantes.
Sendo Caín Abel, e
viceversa,
a cara e maila cruz dunha moeda,
serei talvez a verba que leveda
dentro do nó da gorxa, a máis adversa.
O laberinto, testalán,
é duro,
por debater palabra contra muro.
(Rioderradeiro)
Sem comentários:
Enviar um comentário