Atinas con palabras exquisitas,
consegues relucir coma unha estrela;
quen puider alcanzar a túa estela,
Rosalía, con verbas tan ben ditas.
Rosalía, que tempos
resucitas
-Follas
Novas, meniña de Cantares-,
pensamentos de nai, dos teus pesares
repousados na voz cando os recitas!
Agora, fans de rito e
de teatro,
que foran ben hostís e calumniosos,
agora, eses ruíns campan, raposos,
aproveitados lobos, máis de catro.
Máis de catro
lacaios, sen apego,
entre os sepultureiros do galego.
(Rioderradeiro)
Sem comentários:
Enviar um comentário