sexta-feira, 25 de abril de 2014

Para esculpir na aperta que te quero.


( Wikipedia.- Admiración maternal, obra de William Bouguereau, s. XIX.)

  Perdurará no tempo a túa imaxe
mentres de NAI se vista a primavera;
se o pulso do meu pranto persevera,
ha penetrar a terra do teu traxe?

  A perforar a pedra da blindaxe,
puro debate contra unha quimera,
vou  abreviando, sen compás de espera,
os pasos a pagar pola peaxe.

  Non sei como dicilo en verbo austero,
con que lume nos ollos deslumbrarte,
con que rito sagrado despertarte
do sono irreversible máis severo.

  Son neno na vellez, quero abrazarte
para esculpir na aperta que te quero.

  (Rioderradeiro)



3 comentários:

Tuco disse...

coma todo o teu traballo (ou diversion), fantastico

Tuco disse...

esto da moitas voltas xa fixen comentario duas veces

Anónimo disse...

Os versos adicados a tua nai , pensó que son o millor da tua produccion. Ay !!! Quien supiese escribir !!!..