Verde,
ben se pode ver,
planta
botada a perder;
con
esta fotografía
resaltas mercadoría
-mazaroca
ao parecer-
que
o bo senso ha de esconder,
pois
a moral debe ter
con
candado a plusvalía,
non poxar a regalía,
non
propalar puntería
nin
disparar a pracer;
porque
produce ardentía
e propaga padecer
no
manacial do querer;
porque
causa unha avaría
desleigado acometer,
debruzante fantasía,
-o
pé de millo ao poder!-;
anda recibo en deber
da folla á calcomanía.
Machismo de porcaría,
pola cara, malmeter.
anda recibo en deber
da folla á calcomanía.
Machismo de porcaría,
pola cara, malmeter.
(Rioderradeiro)
Sem comentários:
Enviar um comentário