De
pallote ou de espantallo,
de
pivote ou sopostallo,
invidente
ao parecer,
ignoras
quen poida ser,
¿que
acredita un papagaio?
Mariñeiro de adopción,
cego
por aburrimento,
tén
por bandeira o bastón,
por
vela da embarcación,
a
dereita en movemento;
xograr de intriga e compón,
ornamenta
sufrimento,
recupera
o seu contento
cando
lle cae o dobrón
no
saco do pensamento.
De
pirata a pór marea
en
bergantín ou batea,
de moinante no trobar,
marisquea nalgún bar
de
San Xián de Torea.
(Rioderradeiro)
Sem comentários:
Enviar um comentário