Era nas
formas sinxelo,
doce,
xentil, recatado,
xesticulante
abreviado,
limpo,
frugal, e argadelo.
No parolar,
un modelo;
no persoal,
ponderado;
usaba verbo
apropiado
para enseguida
entendelo.
Nada máis
fácil, querelo;
fora difícil iralo;
fora
imposible escoitalo
e, trala
escoita, esquecelo.
Como -repito-
olvídalo…,
impreso
en nós PEPE AGRELO?,
un verdadeiro
regalo.
(Rioderradeiro)
2 comentários:
Preso en nós para sempre... Non tiven a fortuna de coñecer a Xosé Agelo persoalmente. Todos os que o tratástedes falades ben de el. Por algo será... En contra do que fago habitualmente, cando leo algunha composición literaria do Mestre Manuel María, hoxe, uns días despois das Letras Galegas de 2013, quero deixar este breve comentario como mostra de admiración a Rioderradeiro. Por suposto, gardando o anonimato. Porque, qué máis da quen sexa eu. Si son un rapaz da aldea, como BAlbino, e ademais pobre, bueno, funcionario.
Benquerido ANÓNIMO, un agradecemento explícito para ti pola honra de me ter visto digno da túa admiración (de "rapaz da aldea, como BAlbino, e ademais pobre, bueno, funcionario.")
Aínda que, pensándoo ben, retirando as parénteses, ser "funcionario" no presente actual (e continuo) é, por así dicilo, contar con mesa posta e mantel tódolos dáis.
Un saúdo cordial. E unha aperta.
Enviar um comentário