sexta-feira, 26 de outubro de 2012

Nun cartafol, de falsete.


Ignorar é supoñer,
Dispensar con aspirina
Unha ignorancia supina
Que non soporta o saber.

Ignorar é contender
Canto tés por verdadeiro
Contra un veraz mentireiro
Tratando de o convencer.

Ignorar, máscada humilde,
Levar o mar para Urdilde,
Vestir chaqueta ao revés,

Descomunal interés
Por cultivar no foguete,
Meditando no retrete,

Cuspindo a regra de tres
Nun cartafol, de falsete.

(Rioderradeiro)


Eu non sei moi ben quen son,
Pola mañán xa dubido
Se son, tan mal comprendido,
Víctima do corazón
Que non me axuda o debido.

Non sei se son ou non son
Aquilo que afirmo ser,
Tanto importa o padecer
As chagas  dunha razón
Que non podo comprender.

Non se vende a lealdade
E non se compra a nobreza,
Quen as tén non as despreza,
A quen lles falte en verdade
Nin os salva a caridade.

(Rioderradeiro)


Sem comentários: