Non che dixen adeus porque pensaba
que, en pronunciando adeus, xa te perdía;
non te dixen adeus porque quería
perfeccinar en min canto te amaba.
Non che dixen adeus porque sangraba
a falta corporal que presentía;
non te dixen adeus porque aprendía
que así, no corazón, máis te gardaba.
Non che dixen adeus porque manteño
seguridade en ti -vella, e tan
nova!-,
coma unha bendición no meu camiño.
Non te dixen adeus porque me ateño
á forza que me dás que se renova
na fonte maternal do teu cariño.
(Rioderradeiro)
4 comentários:
Este poema, y el de ayer 24, dejan a uno boquiabierto y maravillado. ¿Cómo se puede escribir tan hermoso, y después escribir ¡más hermoso todavía!?
Bendita túa bela Nai.
Bom Manuel, ainda estabas a tempo.
Seguro que agora sí te escoitou.
Uma aperta.
Un, cando escribe, por desgraza, é coma se puxese en propaganda frívola aquelo que, dada a súa estricta e delicada naturaleza debería ser mellor gardado, para non o lixar coa fraqueza humana. En realidade, para expresar o que importa, un debería calar, pararse a pensar e deixar ao silencio (máis limpo) facer obra perfecta.
Un agradecemento para vós, benqueridos amigos.
E un agradecendo ao ceo que non haxas gardado ese silencio.
E grazas tamén, a ti.
Enviar um comentário