terça-feira, 4 de novembro de 2008
UNHA VELA
UNHA VELA
(“In memoriam”dos afogados na Costa da Morte –poboadores anónimos da miña memoria de neno -, simbolizados, aquí, na Cruz do Carracido, na Braña, en Louro, no alfoz patrio muradano.)
_______________________________________________________
Baixan do bico do monte
Nubes negras,
Pola Area Maior corre
Chuvia espesa ...
E o vento a romper nas ondas
Contra as pedras...
¿Por que este ano o inverno,
Tan depresa?
¿Vexo, ou máis ben adiviño,
Esa vela,
-A da Cruz do Carracido-,
Na tormenta...?
¿E o vento a romper nas ondas
Contra as pedras..?
¿Por que este ano o inverno,
Tan depresa?
¿Por que este ano, tan cedo,
Tantas penas?
(Vigo, 13-3-05)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário