terça-feira, 4 de novembro de 2008

PENSAMENTO






  Coma o voar da pomba,
voa o meu pensamento;
coma o voar da pomba,
coma o voar do vento.


  O pensamento leva

unha pena encostada;
o pensamento leva
ao pensamento á carga.


  Cando o día esmorece

no regazo da noite,
o pensamento voa
coas alas da morte.


  Coas alas da morte

voa o meu pensamento;
coas alas da morte,
coas alas do vento.


  Unha pomba encantada

voa cara ao meu niño,
o pensamento ledo
devén luz e aloumiño.


  A luz desa amencida

dalle cor á existencia.
Que fór do pensamento
afogado na esencia?


  Mais a luz é fugaz

e a noite segue á espreita,
suma de escuridades
da memoria encuberta.



 Eu ben quixer voar

sen as alas, lixeiro,
eternamente en voo,
máis alá do misterio...


  Máis alá do misterio,

transmutado en estrela;
transmutado en estrela,
sempre sempre luceiro...


  (Rioderradeiro)


Sem comentários: