quarta-feira, 5 de novembro de 2008

CARTA PARA NINGUÉN



________________________________

No desván da memoria,

Gardo a carta secreta,

Sen sobre, sen remesa;

Non quero que a recollan.



Gardada, e ben gardada,

Veleidade imposible;

Para sentirme libre,

Sempre hei tela acochada.


(19-2-06)

________________________________________

1 comentário:

Anónimo disse...

E quen non,. garda unha carta sen enviar? Todos temos algun recuncho segredo.

Disfruto coa poesia , e disfruto da tua poesia.

Apertas