quarta-feira, 10 de fevereiro de 2016

Dentro dun ano, a vampira?






















(Velatorio da sardiña, por Antón Lameiro)



  Unha chalada completa
debruzou cheiros con ira.
A descalzada interpreta
ou na coroa etiqueta
a unha covarde que expira?
O cadaleito é mentira!?

  Contaminante mofeta!
Cando un talón se retira?
Toda maldade secreta
finxe deceso, delira
dunha maneira discreta
polo zapato que estira.

  Camuflaxe de careta?
Catalepsia de Palmira?
Purga no pulso e respira?
Pódese pór a dieta,
pode volver á calceta,
dentro dun ano, a vampira?

  O tacón de tafilete
ten vocación de retrete.

  Renovación da tarxeta?

  (Rioderradeiro)



(De Bernard Picart, Wikipedia)

sábado, 6 de fevereiro de 2016

Nun laberinto que asombra.





















(de Antón Lameiro)

  Unhas medias rebaixadas

fan morcillas ben repletas;
por nocellos desbordadas,
as pantuflas, tan coquetas,
non parecen descaradas.

  Tretas, babuxas á parte,

fóra, de golpe, a cordura,
fervente a temperatura,
disfrázate co teu arte
nos pés desta criatura.

  Irreverente control,

fogar en caricatura
de personaxes na sombra,
tira dos fíos, guiñol
de vermes baixo da alfombra...,

  cohabita, en caracol,

nun laberinto que asombra.

  (Rioderradeiro)

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2016

Defeca na profesión?




  Lega/lista bacharel,
comparsa de avogacía,
cavilou se podería
retomar ese papel
da man da psicoloxía.

  Descartada do pastel,
o guión non prometía
disfrutar de regalía
sen caporal, sen cuartel,
sen capa de coronel.

  Pareceulle tan inxusto
incorporar tal disgusto,
padecer de indixestión...

  Da intestina introspección
pola vía dolorosa,
esta harpía, esta babosa...

  fetichista de tacón,
viperina e belicosa,
ai, covarde!, acusa, acosa...;

  decadente ata a ficción,
virulenta, máis rabiosa,
defeca na profesión.

  (Rioderradeiro)

segunda-feira, 1 de fevereiro de 2016

Bendito can de palleiro..!



(Anaghata. Asociación animalista)


   Vas recibir, sen ter dado,
adoptando un compañeiro
agarimoso, argalleiro,
contra a tristura, apropiado;
cando llo indiques, calado;
sen llo pedires, porteiro;
en campo aberto, aplicado
explorador pioneiro;
sempre gardián de poleiro,
fronte ao raposo, arriscado,
coma vixía apostado,
a pé do lar, cancerbeiro.

   Gloria a quen foi desprezado,
bendito can de palleiro..!


   (Rioderradeiro)

quarta-feira, 2 de dezembro de 2015

Que perigoso ir por el !


(Foto Chuvasco)


  Branca escuma, albar ronsel,
labra, navega o navío;
cabalga vagas, corcel
-vento brúa-, con tal brío,
SIDRI afronta desafío
do mar, tan cuco, tan cruel.

 Perseverante o bravío!,
que perigoso ir por el! 


      (Rioderradeiro)