sexta-feira, 19 de junho de 2015

Da Caixa de Pandora, solfa en clave.


(Wikipedia)

  Moqueta sobre areas movedizas,
esta cadeira é trono de portada;
transvasada, a traizón, de mans postizas
a gloria evanescente deturpada.

  Ledicia..., decepción... Trala primicia,

o bipolar silencio da bancada:
lacerante no reino da presbicia,
lenitivo no lar da barricada.

  O impulso de exclamar: ¡que desatino!,

impropio de aceptar que ninguén sabe,
impacto de inferir que sorte cabe
ao cuarteto que encorda ao concertino. 

  E, sen embargo, impuxo un inquilino

contrario a devolverlle aquela chave...

  da Caixa de Pandora, solfa en clave

de Muros de San Pedro en andantino.


     (Rioderradeiro)

(Wikipedia)

segunda-feira, 15 de junho de 2015

As portas de Xericó.


  (Antón Lameiro)

  Non ha xogar sorte aos dados
nin tampouco ao dominó;
en prego para atestados,
deseñou pasos contados,
versallescos, controlados
polo estilo rococó.

  Tódolos desconsolados
ficarán condecorados
nas agullas do "reló".

  ¡Vive Deus!, tempos maduros
non poden romper máis Muros
nin portas de Xericó.



              ******************


Non o receita un galeno.
____________________

  
  Nunha nota marxinal
guindada contra dereito,
apuntou cuarteto ao peito
da Casa Consistorial.

  ¿Demencia en dose letal?,

¿un contubernio a barbeito?,
¿vendavalada no teito?;
¡pinchacarneiro total..!

  Galano en Municipal,

unha manobra sen xeito,
unha monada de feito,
vestida de carnaval.

  O mel que oculta o veleno

non o receita un galeno.

 
  (Rioderradeiro)

quinta-feira, 11 de junho de 2015

Na eternidade, amor, máis relixiosa.



  Co corazón escribo. É cousa dura.
É dura de pelar a despedida.
É dura de tapar ampla abertura,
que abrolla torrencial esta ferida.

  Co corazón esculpo unha escultura,

esencia dunha estampa inmaculada;
dorido divagar, que desventura
manterte na memoria... imaxinada!

  Albíscote, no Edén, xa no regazo

onde te acolleu Deus como é debido;
por iso o teu ladrar foi promovido
coma expresión de fe de fondo trazo.

  SÚA, fiel e formal, pura, gloriosa,

na eternidade, amor, máis relixiosa.

        (Rioderradeiro)


terça-feira, 9 de junho de 2015

Romance dun calcetín.

CxG no pactará con el PP en Muros y pone condiciones a los socialista.
La renuncia de Caridad González es algo innegociable para Compromiso. (http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/)
  



















  Fanfarria, farsa inconfesa;
o rollo que nos enrolla
no ten máis volta de folla
que destapar a sorpresa.

  ¿Pecha Cancelas a artesa
de Muros como lle antolla?;
¿promove o demo outra escolla
de dirimir alcaldesa?

   Teatro enriba da mesa;
a do sofá nin se molla.
Dinos, don Juan, ¿a abadesa
que coida a vista é birolla?

  Puro esperpento, sandeces
en lances de folletín;
cambio de garda en fortín,
como pasou tantas veces.

  Como pasou tantas veces,
romance dun calcetín...

  (Rioderradeiro)