quarta-feira, 29 de janeiro de 2014

Ir de pesca ao punto “ghe”.



  
  Non me preguntes por qué,
contumacia en teimosía
-descartado o paripé-
é, se cadra, hiperdulía,
decotío, idolatría
ir de pesca ao punto “ghe”.


(Rioderradeiro)

Á fotocopia do espello.


Santiago Caamaño Martinez.- " Non me esperaba que chegara esto ata aquí,
pero moitas grazas "


  Mira Narciso de esguello,
brinda o pecado mortal
de mancebo orixinal
á fotocopia do espello.

  Os argumentos da gloria,
por relixión, resgardados;
abecedario da euforia
significando victoria,
a cara e cu retratados.


(Rioderradeiro)

quarta-feira, 22 de janeiro de 2014

Adobados en saliva.

 Manuel Mayo Priegue.- " ¡Que pais!, para facer unha obra pública medianamente 
ben hai que facela tres veces, e pagala catro."



  O Conselleiro en chaleco,
Rexedora reflexiva
baixo paraugas; sen iva,
tantas promesas en seco
multiplicadas por eco,
adobadas en saliva.


(Rioderradeiro)



quarta-feira, 8 de janeiro de 2014

Do imaxinario amatorio.


(Escultura de Auguste Rodin, en la Ny Carlsberg Glyptotek)

  
  Son soños de mocidade
impresos, tras dura escolla,
nun libro de duna e folla
partido pola metade?

  Que bico mellor pintado,
para apurar apetito,
sobre outros beizos cabrito
a pé de boca plantado?

  Franco festín, perentorio,
conforme escultor propuxo,
contorsionista de buxo
debruza no promisorio:

  Entrarlle a saco ao aturuxo
do imaxinario amatorio.


  (Rioderradeiro)


terça-feira, 31 de dezembro de 2013

Despecha a porta pechada.

 
  Ceibos, coma figo aberto,
os labios en labarada;
o bico bravo, liberto,
verque, volcán descuberto,
despecha a porta pechada.

   (Rioderradeiro)