domingo, 22 de setembro de 2013

de anfiteatro a castelos,

Foto: Preparando o escenario. Pola noite a ópera,   "Carmen" . Teatro de Mérida.
                                                                      (Nieves Formoso Vidal)

  Pola secura, a desgana,
turistas, coma camelos,
desfilan en caravana,
de anfiteatro a castelos,
ata a raíz dos cabelos,
reconquista castelana,
ás costas do mar aberto,
con escudo e con catana,
todo argüído e cuberto
e resumido en acerto
polo doctrina cristiana;
á sombra dunha espadana,
abro os oídos, desperto,
escoito  o canto liberto
da Galiza soberana
que só lle debe ao deserto
ignominia e mala saña,
conquistadores ladinos,
fracasados asesinos
do imperialismo de España.

        (Rioderradeiro)


Foto: Avila, unha pasada ....
(Nieves Formoso Vidal)

quinta-feira, 19 de setembro de 2013

Teño a conciencia tranquila.


  Precipitei polo abismo
a inmensidade da pena;
ao quebrantar a condena,
divorcieime de min mesmo.

  Divorcieime de min mesmo,
esnaquicei a cadea;
só me quedou para escea
a máscara do cinismo.

  A máscara do cinismo
e esta mirada de harpía
que te alcanza e te adobía;
practico o canibalismo.

  Practico o canibalismo,
bebo o teu sangue en tequila,
adoro o capitalismo,
o consumismo, egoísmo…

  O consumismo, egoísmo…
Teño a conciencia tranquila.


  (Rioderradeiro)



segunda-feira, 16 de setembro de 2013

pois téñoo enteiro asumido.


  Fluxo-refluxo na praia
que, de tan lonxe, está preto,
cobra memoria, é concreto,
rende en mallante atalaia.

  Como remonta por dentro
e reconstrúe en muralla,
como en continua batalla
vou de escalada ata o centro.

  Tocou vivir o vivido,
foi por un tempo domado
discernimento atrevido;

  Ter soñado e ter sufrido
fundou futuro en forxado
pola orfandade influído;

  Sometimento asumido,
non me magoa o pasado,
pois téñoo ben admitido...,

  Acoplado, incorporado
ao meu acervo, adherido.

   (Rioderradeiro)


sábado, 14 de setembro de 2013

Coa tizona en plan Cid



Peóns de sombra e perfil,
raíña, cabalo, alfil,
torres..., xogadas por mil,
debate un amigo en serio
se en Cataluña hai misterio,
se en Vasconia hai cativerio,
se en Galicia un infeliz
consinte á forza motriz,
do circuíto á cerviz,
multiplicarse en amperio.

¡Adeus a España doImperio..!,
por permitir improperio,
grande e libre cicatriz
exposta ao sol en salterio,
pois tapando o seu nariz
con contubernio ou tamiz,
con uniforme sumerio,
coa tizona do Cid,
xaque mate: O Rei David
uniforma o cemiterio.

(Rioderradeiro)

terça-feira, 10 de setembro de 2013

e guarnición de marisco

Aladdin in the Magic Garden - Project Gutenberg eText 14221.jpg
 "As ghambas están sin cabeza. Non pensedes que teño nada contra elas..." ( Quin Muros Negreira)

Non corre arroz ningún risco
en procurar complemento
de azafrán e de pemento
e guarnición de marisco
de obrigado cumprimento;
como é perfecta, confisco
cazarola do festín;
bo cociñeiro, por fin
borrado aquel xenio arisco
da lámpada de Aladín,
rexistrara, en Muros, Quin
esta paella no disco,
e anda a soar o mordisco,
a pé de páxina, en min.


 (Rioderradeiro)