segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

De días ben cabalgados.

Foto



Faltan minutos contados
para pór TRECE agoreiro;
o DOCE esgota tinteiro
cos nomes dos aldraxados.

¡Veña o TRECE cabaleiro
de días ben cabalgados!

(Rioderradeiro)




Que a rede atrape o trebello.


Toda esta vida a artellar
-Tea do mesmo tear-
Tece-destece enguedello:
Aninovo-anivello;
E logo volta a tentar
Que a rede atrape o  trebello.

(Rioderradeiro)


domingo, 30 de dezembro de 2012

Tocando a súa gaitiña.


(Manuel Rico Verea)


RICO, cando este ano naza
E colla carreira axiña,
Pola VEREA irá en liña,
Libre de toda desgraza,
Tocando a súa gaitiña.

(Rioderradeiro)



(http://www.seivane.es/ga/documentacion/index2.html)

quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Polos seus cinco sentidos.



  A lei da saga remarca
puro perfil, alma ardente;
pois abandeira o que abarca,
fortalece, é referente.

  Desde que na vida embarca,
emprende abrupta aventura
particular; colle a marca
que encarreira a singradura.


  Repasando anos cumpridos
de mareante sen pero,
sofre castigo severo:

  ROURANELA abre os oídos,
reverdece os tempos idos
e dispara o desespero...

  Do MANUEL SILVA sincero
polos seus cinco sentidos.

   
           (Rioderradeiro)


sexta-feira, 21 de dezembro de 2012

Canto apuntou na libreta.

                                   (Wikipedia)

  Foi, por fin, chegado o día
no que todos comprendemos
que só de mortos collemos
Carta de Soberanía…

  De espíritos desligados,
fóra da carne mortal,
do pecado orixinal
plenamente liberados.

  Eis, nas ledicias do Edén,
de turismo, cadaquén,
de balde, cando nos peta,

  Respaldada a pandeireta
polo INSERSO e polo INÉM,
pois paga Matusalém

  Canto apuntou na libreta.

          (Rioderradeiro)