terça-feira, 2 de dezembro de 2008

O TREN SEMPRE FOI DE ESQUERDAS.




As obras que o Nero espalla

Sonche as de misericordia:

Escribidor con borralla,

Procurando a desmemoria

Por encargo de Pandora,

A cotío, pluriemprego,

A treu, cantares de cego

Recita, canta, embebeda

Coa gracia virtual

Dun copista orixinal

Folclórico "a la Gallega"

Que ignora por que ela vai

Pola vida de Porteña.

Por esa espiña dorsal

Da Galiza milagreira,

Sempre a dereita a frear,

E en vez de correr, gatea

O TREN que habemos gañar

Sobre a opresión da ralea.



Xa aquel Curros liberal

O plasmara no poema…

SALASFEROCIANO EN PIPA.







Sete vidas ten o ghato

Do miañar bioghrafía,

Do pescudar tralo rato,

Do taimar con tramposía,

Do escaquear no traballo,

Do bon/vivir regalado,

Do mal/rañar na barriga,

Por non decir no aparato,

Por non decir man de santo

Que fai garrapatería…


Un Impertinente rancio,

SalasFerociano en pipa.

HUMOR DE TRILOBITE.



Oficiar coma carneiro,
Ser mascota de palleiro,
Ser un mastín paspallán,
Ser nas portas cancerbeiro,
Ser nas capelas faldeiro,
Ser nas Salas gañapán,
Ser nas viñetas mal cheiro,
Ser nas vinganzas rapaz,
Ser en todo pouca cousa,
Ser en nada orixinal,
Un ente, ser unha lousa:
El é moi quen de enlousar,
De trilobite, nas portas.
¿Ú-lo humor que o Lápiz fai?

COMO REZA O MANUAL.




INOPIA, máis que palabra

Entre Francia e Portugal,

Vén sendo pro mestreSalas

Entelequia talismán:

Ollomol, linguado ao forno,

Que lle presta o Guadiana

No fluído intestinal

Cando o vocablo desdouro,

No canto dun adival,

Sobre o pelexo do touro,

Pon refugallo imperial

E non na Caixa de Aforros

Os máis prezados tesouros,

Como reza o manual.

Mirando cos pés de plomo,

Este peixe cheira á ASnar.

con plumas de sumidoiro.




Sinecura escribanía,

Petroleiros periscopios,

Ollar de cus para riba,

Derramar nos ventos tolos

Tornados de tolerías;

SALvAr da asfixia aos centolos,

Da impertinente manía

De pór bandeira aos Zerolos;

Recoller Mirando moños

Por da fervura aos birollos,

En bilingüe confraría,

Con plumas de sumidoiros...