domingo, 30 de novembro de 2008

MonteLouro, BUQUE INSIGNIA.




MonteLouro,


Buque insignia,


Verso de arte maior,


Palabra que fai da miña,


MonteLouro,


Unha palabra cativa,


Avergoñada, ao solpor,


Todo, a babor e estribor,


MonteLouro,


Divinidade na ría...,






Humanizado por nós.


(Rioderradeiro)

sábado, 29 de novembro de 2008

MANEIRAS DE BAILAR.





Puxo os seus ovos o Lápiz

No niño dos tres pardais:

Arrincou do leito ao Lelo,

Rapoulle a baba e o cabelo

Ao consistorio das ras,

Porque Luisiño Barbeiro

Non foi quen de llas rapar…




Por se for Quintana a Rosa

Que SALAS quixo pintar,

Mira, NEreCIO, se amosa

O teu perfil mariposa

Nas maneiras de bailar.

____________

PROMESAS SOBRE AREA.





O mar, sempre agarimoso,

Abalounos coa marea,

Xogou de présa connosco…

¿Ú-lo aquel tempo ditoso

das promesas sobre a area?

(Muros, 23/08/08)

_____________________

VERSIÓN FUNIL.



Érase a VERSIÓN FUNIL,

Un fracaso de torpedo,

Patentada polo xenio

Dun p/ALADÍN de CORTELLO

Cunha bala ou un balín

Das Feiras do San Fermín,

PIROMAÍACOS LELOS,

Pólvora do polvorín

Dun SALAS que abranxe ao NERO

Coma se fose o candil

A luminaria dun peido

Desmaiando un calcetín.

BERBIQUÍ - CANDIL.





¡ Disque o peixe é regalado!,


E o petróleo está a subir,


E segue descontrolado


Polas guerras do mercado


Que o xigante americano


Nos fixo repercutir


No “prestige” do barril,


No “chapapote” do caldo,


No transporte e no encofrado


E no vivir regalado,


Sen corrente e cun candil,


Flor e nata do perfil


Do condumio neroniano,


Que, a guisa de argumentario,


Polo funil dun apaño,


Enfundou nun calcetín,


Para ti e para min,


Este lírico incendiario,


Poses de grande empresario,


Salvador de campanario,


Exemplo de berbiquí.




(Rioderradeiro)