sábado, 29 de novembro de 2008

MANEIRAS DE BAILAR.





Puxo os seus ovos o Lápiz

No niño dos tres pardais:

Arrincou do leito ao Lelo,

Rapoulle a baba e o cabelo

Ao consistorio das ras,

Porque Luisiño Barbeiro

Non foi quen de llas rapar…




Por se for Quintana a Rosa

Que SALAS quixo pintar,

Mira, NEreCIO, se amosa

O teu perfil mariposa

Nas maneiras de bailar.

____________

PROMESAS SOBRE AREA.





O mar, sempre agarimoso,

Abalounos coa marea,

Xogou de présa connosco…

¿Ú-lo aquel tempo ditoso

das promesas sobre a area?

(Muros, 23/08/08)

_____________________

VERSIÓN FUNIL.



Érase a VERSIÓN FUNIL,

Un fracaso de torpedo,

Patentada polo xenio

Dun p/ALADÍN de CORTELLO

Cunha bala ou un balín

Das Feiras do San Fermín,

PIROMAÍACOS LELOS,

Pólvora do polvorín

Dun SALAS que abranxe ao NERO

Coma se fose o candil

A luminaria dun peido

Desmaiando un calcetín.

BERBIQUÍ - CANDIL.





¡ Disque o peixe é regalado!,


E o petróleo está a subir,


E segue descontrolado


Polas guerras do mercado


Que o xigante americano


Nos fixo repercutir


No “prestige” do barril,


No “chapapote” do caldo,


No transporte e no encofrado


E no vivir regalado,


Sen corrente e cun candil,


Flor e nata do perfil


Do condumio neroniano,


Que, a guisa de argumentario,


Polo funil dun apaño,


Enfundou nun calcetín,


Para ti e para min,


Este lírico incendiario,


Poses de grande empresario,


Salvador de campanario,


Exemplo de berbiquí.




(Rioderradeiro)

Trobisco.




Teño inchazón Federico,


Teño andazo Gallardón,


Teño un Ramírez con pico,


Teño na casa un trobisco


Por Alberto e por Rajoy.




Teño na zurda o IPeCé;


Na dereita, a Esperanza;


Os cartuchos, a espingarda,


O visor da propaganda,


Nas fronteiras do PePé.





¿Quen vén sendo o capirote


Coas babas dun estrambote,


Que o Lápiz quixo pintar?


¿Un IPeCé con bigote,


“AnSar”, comparsa de Iraq...?





Se é que estou a ensarillar,


Pode aclarárvolo Nero,


O Luis, O Timoteo,


O Mundo, a COPE, e o Lelo


Co seu saber proverbial.





¡Viva Salas, capitán


Ao pé do humor da cultura!


¡Viva toda a calentura


Do IPeCé que nos tortura


Ao Lápiz e aos demais!





Eu non merezo “avivar”,


Pois perdín a compostura


E o repeto ao capital:


Zurdo son, ¡malaventura!,


¿Serei tan zurdo mañán?





O tempo resolverá,


Sen dúbida;


Impaciencia de esperar


Cunha cana de pescar


Con pluma…


Un ¡deica logo!, e xa está:


Unha nova singradura.


(Rioderradeiro)