sábado, 29 de novembro de 2008

EMPANADA DE ATÚN.





Esa goma de borrar;

O Lápiz que a debuxara;

Esa idea temeraria

De suxerir e ocultar;

Esa mordida palabra,

Ese carozo da fala,

No “todos”, quere ensilar

Canto hai de moeda falsa,

De hipocresía e comparsa

No caixón do tributar.




Coa goma de borrar,

Teño de luír as tramas,

As intrigas, as patrañas

-Copas do Mundo a brindar-,

Baixo o bigote e a tostada

Da perruca, da empanada

Que non son quen de aguantar

Nin Acebes, nin Zaplana,

Nin a Axencia Tributaria,

Nin Losantos Talibán.

_____________________

ENTORCHADOS FEDERICO.




Se o demo farda rabelo,

E vai de humano vestido:

Ampla casaca ao pingüino,

Patas de galo crequeno,

Garabata en contubernio,

Cabeza amosando o embigo…



Se o demo farda rabelo,

Ollos saltóns, bravuqueiros,

Parlamento falangueiro,

E pentea un pelo espiño…,

¡Abricias, Gallardo Alberto!:

“Entorchados Federico”…



Deus te acolla no inferno

Ao lado dun demo amigo.

O ceo está corrompido

Pola COPE e polo clero.

CÓMPLICES DO LINGÜICIDIO.



(Adicado ao meu benquerido amigo Nero, sempre tan entregado á causa da pureza e integridade de tódalas linguas, con esta miña devoción que xa é vicio).


Arco da miña ballesta,

Flechas, puñais vengativos,

Corazóns grandes, feridos

Por innobrezas infectas

-Chiquilicuatres por quilo-:

¡Todos en pé, nas almeas,

Capitáns dunhas protestas,

De mar a mar, queimar ríos,

Romper montañas, cadeas

Cómplices do lingüicidio.

DAS CAGADAS GAIVOTESCAS.





¡ Esta lanza cervantina,

Este casco-bacinilla,

Esta adarga quixotesca,

Estas gafas-cus na testa,

Esta dentamia simiesca,

Esta pose, esta protesta..!



Nunca as loitas sibilinas,

Nunca aventuras cainitas,

Nunca a verdade estreñida,

Nunca “chiquilicuatrinas”

Remataran principescas,

Senón, mal fario, goiescas,

Insultantes, quevedescas,

Desesperantes, grotescas,

Premonitorias ruínas

Das cagadas gaivotescas.

_________________

¡CHIQUILICUATRE, *ODER..!




Escribía o bon Castor

Versículos a granel,

Rimados ao por maior

Isométricos en –er,

Como rimaba o pastel

Na cabeza de Rajoy.



Cagada sen cagallón,

Gaivotada sen estrés,

Non merece tal mención:

-¡A incontinencia ao poder!

¡Viva esa revolución!

¡Chiquilicuatre, "joder"..!