sexta-feira, 28 de novembro de 2008

NON ME CABEN NOS RIPIOS.





Arneirón, meu bon amigho,

Deixa a ghaivota infectada,

Á rosa descabezada,

Ao da casa volteada,

Aos meritorios borricos:

Aos Neróns, aos Fodericos,

Impertinentes e Salas,

Que non me caben nos ripios...

QUEN FOR TRAIDOR AFAMADO!




(Dedicado á peña de admiradores "salicídicos", que adora, sen fisuras, a miña arte poética)


O pelo que adoza a gorxa

Do bo Lelo desbocado

A SALAS foille roubado

Por un vento desnortado

Contumaz e PATRIOTA,

Cal xogador de pelota

Polas pelotas pillado...



¡Ou, meu LÁPIZ sucedáneo!

¡Ou, meu pintor mala brocha!:

¡Quen for TRAIDOR afamado

Para pintar boca a boca

O sabor do refugallo..!

¡BIG BANG..!







Grazas á lei do “big bang”,

Cae da figueira a breva,

Recorta o bigote Aznar,

Baixa Bush os pés da mesa...,

A noite devén mañá,

Goberna a lúa as mareas,

Canta o grilo na camposa,

O inverno esquece ao verán,

E o verán esquece á prosa,

Vive do sol e da rosa,

Do vento,

Do monumento,

Da montaña e mais do mar...




Se o Salas fose pintor

No canto dunha mofeta,

Pintaría en bicicleta,

Subindo polo ascensor,

Unha gaita e un tambor,

E un termómetro extintor

Das febres dun mal profeta:


¡Big bang..!

Os ceos contaminou.




Penteou cabelos Salas

Co machado de Nerón;

No pelo fixo unha raia

Moi xentil, ben apañada;

Abriulle un ventilador

Ao calcetín do cerebro;

Profesou botafumeiro

Do ASnar e do rapeiro

Don Mariano Rajoy;

Sentou praza non torreiro;

Pintou de “incenso” o lumeiro:

Os ceos contaminou...

AVE DE PAPEL TIMBRADO.





É forte en ortografía;


Historiador consumado,


Fabulador asociado


Ao sabor da naftalina:


Rato lector do pasado,


El salvou a astroloxía


Mediante a fe no meigallo


Imperial da NEuROnía;


Un peixe fundamentado


Nos segredos da cociña


Do cociñeiro Arguiñano;


Coma bombeiro, incensario


Familiar da gasolina;


Un luthier da economía


Conselleiro de Traballo


Ou Ministro na Arxentina.






Este indiano tan honrado


Atracou por Portisín


Laureado gachupín,


AVE de papel timbrado.


________(Rioderradeiro)_______________