segunda-feira, 17 de novembro de 2008

PLAN RENOVE




Chove no tellado propio:

No estío, esa chuvia é ouro…

Chove no tellado alleo:

No inverno, o chuvasco é cego…


Tolo chover, sen permiso,

Chover sen ningún respeto

Do pluviómetro Touriño,

Do secano Zapatero....


Se levas paraguas, chove;

Se non o levas, parello.

Por iso, LápizCortello,

Comprensivo e milagriero,

Deseñou o “Plan Renove”

De pórlle unha billa ao teito.

_________________

mellor dixestión.

Impertinente - Nerón,

Dun habano moi cumprido

Fumado no Malecón:

Banana en polvo frixido

Na tixola do calzón,

Naquel lugar preferido

Pola buxaina-roncón

Da gaita do buxarrón

Amante dun bo “CUcido”

Para mellor dixestión.

román de taberna




No seu román de taberna

Deseñou un paladino

Escravo nas súas maneiras,

Esmolante no contido,

Óptimo na caghalleira

Polo lugar consabido.

___________

Contas do Gran Capitán.





No bico das dúas letras,

Puxo un ovo esa gaivota

Mensaxeira do verán,

E en mil pares de puñetas,

Se non lle puxer pelotas,

Contas do Gran Capitán.

LELO MONOTEMÁTICO.


_____________

Un lelo monotemático,

Mal aghoiro, mal miñato,

Córvido contra quen sei,

Competidor do mascato,

Muxo, morcegho, carracho,

Lendia inqueda e con estrés,

Zughador de refughallos,

Obediente nos recados:

Ghaivota daquel cartel…

_____________