segunda-feira, 17 de novembro de 2008
román de taberna
No seu román de taberna
Deseñou un paladino
Escravo nas súas maneiras,
Esmolante no contido,
Óptimo na caghalleira
Polo lugar consabido.
___________
Contas do Gran Capitán.
LELO MONOTEMÁTICO.
NERÓN-TRAVESTÍ.
¡Din de Nerón unhas cousas..!:
Disque baila o Chiquichí;
Disque xoga nas camposas,
Disque nun leito de rosas…;
Disque xa non tén pipí,
¡Milagro do bisturí..!
Disque o raposo é raposa,
Disque unha ameixa babosa:
Disque Nerón-Travestí,
Disque fai de calcetín,
Disque envaiñando pelotas
Na barra, de bailarín...
Na lingua das mariposas
Deseñadas por Dalí.
INFERNO POR MÓDULOS.
______________
Por culpa desa muller
-Cintura para un apaño-,
Desde a maceira, desceu
E entrou na cesta o pecado.
Adán non lembra por que,
Eva non recorda cando
Comenzou o inferno a arder
Cun lume de mil carallos.
Nada se puido facer;
Ninguén foi quen de apaghalo,
E as maldades, ao crecer,
Encarecendo o pescado.
Por iso, nesta ocasión,
Os cambios inmobiliarios
Fan do inferno máis galpón
,
Por módulos, fabricado…
_____________________
Por culpa desa muller
-Cintura para un apaño-,
Desde a maceira, desceu
E entrou na cesta o pecado.
Adán non lembra por que,
Eva non recorda cando
Comenzou o inferno a arder
Cun lume de mil carallos.
Nada se puido facer;
Ninguén foi quen de apaghalo,
E as maldades, ao crecer,
Encarecendo o pescado.
Por iso, nesta ocasión,
Os cambios inmobiliarios
Fan do inferno máis galpón
,
Por módulos, fabricado…
_____________________
Subscrever:
Mensagens (Atom)