De condición campechano,
verbo
animoso e fluído,
home de fe, conducido
polo
ideal franciscano.
  Viviu,
serviu...; ouro en pano,
con
seráfica humildade
departiu
fraternidade
e
comprensión; foi humano.
  Cando
Deus o convocou
pola
vía natural,
obediente
e puntual,
acudiu,
logo pensou …
  Era a cita principal:
HUMBERTO  CASTRO aceptou
cristianamente o final.
  En
testamento, deixou
concordia
por capital.
        (Rioderradeiro)





