quinta-feira, 15 de agosto de 2013

Acuarela a Monte Louro.

Foto: O que vexo agora mesmo desde a casa.
Maria Teresa Mayo Freire: " Para que vexades que non vos engano cando digo que Tal é o balcòn da ría!! "


Todo Tal  pinta o balcón
recamado en prata e ouro,
Mayo Freire, un bodegón
e acuarela a Monte Louro.
    
       
       (Rioderradeiro)



Ficheiro:LouroBarbanza.jpeg
(Wikipedia)

quarta-feira, 14 de agosto de 2013

Como ninfa, a frotar sobor da área…



Como fada de tobogán, velea;

como ninfa, a frotar sobor da área… 

   (Rioderradeiro)




quarta-feira, 7 de agosto de 2013

Que nun convento é pecado.

   
   Foi chegar e desvelarme
do soño mal desprendido,
e, pola inercia impelido
ao punto de rebelarme.

  Foi chegar e decatarme
do tempo xa transcurrido,
un ano máis transferido
a sumar indo a restarme.

  Foi chegar e comprender
que o tempo tiña pasado,
como empurrado, a correr,
francamente desbocado.

  Foi chegar e devecer
-contraditorio querer
de adolescente avanzado-
soño benaventurado…

  onde incluír á muller,
que nun convento é pecado
mortal para o enclaustrado
por culpa de Lucifer.


     (Rioderradeiro)



Encontro Anual 2013 / exherbon.org

sábado, 3 de agosto de 2013

Aquela infancia tan pura.


  Non se cotiza a cordura;
leo que pechan convento
de san Antonio de Herbón;
a negra sombra murmura:
- quen propulse o argumento
maltrata sen compaixón.

  Por pacto contra natura,
entra en perigo este evento
que nos mantén ilusión
e reforza o corazón,
como atesoura a fartura
de apertas por alimento.

  Xa somos froita madura
a piques de perecer;
que non decline o querer
que, por xuntanzas, perdura:
recordar… , embelecer…
en refectorio aventura.

   Esta irmandade é segura;
consigo leva o volver
á aquela infancia tan pura. 


  (Rioderradeiro)

  
          


quinta-feira, 1 de agosto de 2013

A banca Suíza á quebra.



  Avalada pola corte,
de contable e de inquilina
por mor dun ERE -un  recorte-,
váisenos dona Cristina.

  Desimputada ata a morte,
parte infanta cristalina;
confírmado pasaporte,
deixa en Pedralbes propina.

  Desembarcará en Xenebra
coma sufrida inmigrante;
cargando culpa ao mangante,
vivirá na CAIXA en tebra.

  Ao novo ducado en cebra,
se vén, cabaleiro andante,
Urdangarín tan campante,
a Banca Suíza quebra.

¿Foi Guillermo Tell cantante,
e Xan Calvino..., culebra?



        (Rioderradeiro)