
   Non coñecín á persoa,
albisqueino
en personaxe,
recoñecinlle
a liñaxe 
que
no escenario é coroa.
   Prorrompo aplauso arestora:
limpo, levián equipaxe;
replique
o eco a mensaxe 
da "Galizaland" señora.
   Rindo sentida homenaxe
a
XOSÉ MANUEL OLVEIRA
GALLARDO,
voz mariñeira
dunha adestrada oleaxe.
   Muradáns, falta o veciño
de Breogán compañeiro,
caeu
telón, xa adiviño…
   Ao PICO, xograr de Esteiro,
noutro
papel, manseliño,
maxistral,
máis verdadeiro.
   (Rioderradeiro)








