En pía de cristianar
a flor florece bendita
e “ipso facto”, xa marchita,
do fondo do seu pesar,
vella forma de pensar
que por forza resucita
para tornar, expedita,
a entristecer..., perturbar,
como en maceta, maldita,
emparedado implantar.
Corta a folla de afeitar..!
A lei do tempo suscita
cerco e caza ao calcañar:
unha linda margarita,
e ao pé do olor deposita
duro aceiro, de fiar,
e unha roda de amolar
que a fouce, ao fiado, cita.
(Rioderradeiro)