domingo, 15 de julho de 2012

Principesca catadura.






  










  Danza ditosa na rama
presurosa a por a lúa,
repousa pé, non recúa,
recargando pentagrama.

  Sabe a princesa da trama
canto en solfeo está escrito;
o recato con sofrito
propende polo programa.

  Se por fortuna alcanzara
inocencia ben segura,
diría que en sinecura…
a conciencia ben lavara.

 Disfrute pasta: empastara
principesca catadura.

(Rioderradeiro)




















sábado, 14 de julho de 2012

No pombal: sé Rei nun cesto.


  Puideses, necio, aprender
a discordar con cordura
a a concordar na loucura
senrazóns de apetecer.

  Non te acompañe o manter
por mandato a compostura,
permita a vida aventura
de vivir, non convencer.

De que che serve inventar,
labrar mil veces o mar,
confundir na mente presto
os pesadelos co resto..,

  Se existir é resistir,
conspirar e sobornar,
converter contexto en xesto,
facer da vela elixir...?


 Deixa, Ulises, de sufrir
no pombal: sé Rei nun cesto...

  

(Rioderradeiro)




quinta-feira, 12 de julho de 2012

Retés ás tres na retina.


  
  Que presteza!, fóra estrés,
día a día, mes a mes,
tantos anos anduriñas,
cos seus rebaños as tres,
por carreiros, carabinas.

  Gaveo, ao gato montés,
cando o Calvario adiviñan,
elas a un tempo camiñan, 
mortificados os pés,
matando fame canina.

  Estampa de evocación,
estas mulleres quen son?
-Pois ovelleiras, xa as ves;
ata a memoria as nomina:
María, Xoana, Celina…

  Conmóveste, corazón:
pastoras..!, que palmarés..!

  Retés ás tres na retina.

       (Rioderradeiro)




quarta-feira, 11 de julho de 2012

A semente que ha ser reproducida.



  Este tren do latir trae retraso

ou adianto, se tés conta do alento,

delirante inxestión de sentimento

que alimenta en tristeza o teu repaso.

 

  As présas, ti xa ves, retendo ocaso,

loitas, tripas, contés, cortas o vento,

despeitado, a través do descontento,

convirtes, co revés, triunfo en fracaso.

 

  Badaladas de Crono socavando,

este rella na pel xa vén labrando

unha fenda profusa, empedernida.

 

  Cada rego trazado é máis partida

que se debe restar daquel sumando

da colleita cabal, seleccionando...


     A semente que ha ser reproducida.


  


         (Rioderradeiro)


                                                  Cabaceira de XOANAdoROUCO.

segunda-feira, 9 de julho de 2012

Mentres choramos por ela…



  Gaitiñas, que tempos, ai..!

Sen vivila e sen bebela,

a vida que se nos vai

mentres choramos por ela…



                  (Rioderradeiro)