Cando o tramo final desta
aventura
percorro en mal agoiro avellentado,
debago o don da vida
recargado
dun rebelde sen causa e sen
cordura.
Da revolta invernal da
curvatura,
cos ollos da nenez, decorro
andado
e dubido de terme involucrado
na derrota vaivén desta andadura.
Baixo en río sen auga e sen
aliño,
corro, escapo de présa, ou
paseniño;
collo atallo que entallo en man baleira,
coa dor de existir por compañeira.
Quen puider elixir o seu camiño
cara á meta, e, no podio verdadeiro,
coroarse co toxo e co loureiro!
(Riderradeiro)