quinta-feira, 4 de dezembro de 2008
POLA SÚA OROGRAFÍA.
Empurrado pola tirria,
Lostregante, HUMOR camiña
Ás SALAS de compostaxe;
No túnel da MAQUILLAXE,
Á COFIAda Mirandiña,
RECESIONarlle a vendima,
Quero dicir a vendaxe
Da entreperna apetecida...
¿Quen lle ha negar a masaxe
E as SALAceS picardías
Ao bigote,
Á cocote,
Ca musical andamiaxe
Que ao LÁPIZ lle SINUSITa
Pola espita,
Pola pita,
Polo escote,
Polo cote
- Coma o pateiro á sardiña-,
Pola súa orografía
Tan divina..?
POLO TOURAL DE COSTUME.
Presumen do que non saben,
saben ben do mal que asumen:
fumando en pipa ao desmadre,
desglobalizando estrume,
desatan as leis do lume,
xogan dominó con fume,
branquean as leis da fame.
Coma cabestros discurren,
coma cabestros distraen,
e á voz dun xo! ou dun arre!,
polo toural de costume,
ser / viles, puro batume,
serviciais para quen pague,
réptiles, zurro por sangue.
(Rioderradeiro)
.
CONSUMIDOR DE VASOIRA.
NERÓN desvela o arcano
Daquel ouro de Moscú:
Rompe misterio enconado
Tan traído e tan levado
No trafegar do meigallo
Polas FRANQUICIAS do cu.
Quen malgastou nesa roña
O capital da memoria
Da disputa a contra luz
Merece o baldón da historia.
Por se liberar do pus,
Déixese, NERÓN, de coñas.
Agasállase co plus
Consumidor de vasoira.
18/09/08
CANDO REMATA O VERÁN.
Subscrever:
Mensagens (Atom)