quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

ESTRUCTURA Á CONSTRUCCIÓN.



___________________________

Non por encubrir rencor

Ao abeiro dunha SALA,

Deixa o rancor de ter cara,

¡Moita cara…!, ¡mala cara..!,

Mala inquina e mala cor,

Un corazón de escorpión

Cumpridor dunha vinganza,

Servizo ao mellor postor;

Pois propalando a esperanza

Do “canto peor, mellor”,

Cre cementarlle carcasa:

Estructura á CONSTRUCCIÓN.

Plan DIETA





________________________


Diría que o Plan DIETA


Alimenta a indixestión


Do Salas-Lápiz-Feroz


Coma dueto tizón,


Nutrindo o fervor da trepia,


Acariña o mal humor


Glandular dunha mofeta


Cando lle brinda ocasión


Un facho fiel do fogón


Ben irmandado coa mecha.






Nerón-Xitano, ¡Nerón!,


O lume que se enrabecha


A Impertinencia aSEVERA


No lumeiro, no ferrón…


(Rioderradeiro)

MIL PARES DE MAMBRÚS.




Artes de birlibirloque,

En canto O Cara e O Cruz

Tornara xesto en bigote

Da valquiria de “LuCÚS”…,

Mirándolle o repelús

Á enxeñaría do pus,

Derivou nun despelote

Insoportable ao trasluz,

Fronte á luz, moi mal pegote

Liberalismo de azul,

De seu, sempre chapapote,

Chapapote…, chapapote…

De mil pares de mambrús.

Todos pagados a escote:


Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Mironton, mironton, mirontaine,
Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Ne sait quand reviendra:
Ne sait quand reviendra ...

PERTINAZ DEICA A FARTURA.






Furado a pastel por pasta,

Por Lápiz unha verruga:

Viñetas, unha por unha,

Baballar puras babuñas,

Coxear, coxo, caxata,

Papexar por malas pulgas,

Renquear por mala pata,

Pertinaz deica a fartura,

Baboso, babosa, escuma…

¿Quen ha purgar esas babas

Se a garlopa n´as depura?

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

NUN LUPANAR CANTONÉS.





Remata en medalla LELO;

Prata, Llaneras-Tauler…

Da febre do xarampelo,

IMPER cobrou nun espello

Tres ouros que valen cen….



Medallas e máis medallas,

Máis medallas de papel,

Para, despois de entregadas,

Ir o NERÓN profanalas

Nun lupanar cantonés…

__________________

________________________