sábado, 29 de novembro de 2008
POLO VIAL INTESTINO.
Impertinente subido,
Impertinente probado,
Sempre de si namorado,
Sempre de si posuído;
Cando houber frechas, Cupido,
Arco, carcás, asubío
-Polo mes e polo ano-,
Arestora o rechouchío
Que percura o seu tellado
Polo vial intestino.
__________________
ANTESALAS DOS INFERNOS.
Ofensores ofendidos,
Laghartos e lagharteiros,
Libertarios libertinos,
Reprimentes reprimidos…
Filólogos filomenos,
Astrinxentes estriñidos,
Embaixadores plumeiro,
A brava flor dos sentidos,
Unha fouce, ¡o albedrío!,
“ELeSeDe” para ceghos,
Un Lápiz luciferino,
AnteSalas nos infernos.
___________________
POR CAPULLO.
Que te pinte un xirasol
Este capullo endeusado
Non creo que o malpocado
Saiba moi ben que pintou.
Se por ventura ou error
Tirar proveito ao pecado,
Que o xirasol enxertado
Deveña no seu baldón,
Que o reprenda o corazón
Por capullo e por capado.
____________________
TRAUMATISMO EN GALEGO.
Políglota, plurilingüe,
Deslinguado fantasmal;
De Alemaña ao Portugal,
Ningún cantar lle resiste:
O mesmo se calza e viste
No italiano coloquial,
Que o remata, ao natural,
Un si bemol, lingua en ristre.
Sabe latín, fala grego,
Saborea un bo francés;
Pode contar do revés
No lingala indoeuropeo,
No bretón, no mirandés…
¡POBRE NENO!,
Traumatizouse en galego...
POR MILITAR FEMINISTA.
Por catalana e ministra,
Por ministra e por muller,
Polo aquel “separatista”,
Por antimilitarista,
Por “ministrar” o “tropel”…
Por preñada e socialista,
Por marca de ZetaPé,
Por delgada e porque é “lista”,
Por non “molar” no PePé,
Por “profanar” o cuartel,
Porque saíu na revista,
Por militar feminista,
Polas ganas de... poder.
____________________
Subscrever:
Mensagens (Atom)