sábado, 29 de novembro de 2008

SONETIÑO (con estrambote)::




A SAN NERÓN, PATRÓN
DO LUME.
_______________________

Cando Nerón, Lumieira,

Aprendeu dos seus pecados

A multiplicar quebrados,

Peneira que te peneira…



Cando, da mesma maneira,

Pasou do telo ao gardalo,

Polo aquel de ser honrado

En gran Señor de primeira…



Matinouche o empresario

En combinar co rosario

A levita e a chistera,



E así, entre teima e teima,

Entre aprendelo e gañalo,

Quedouche o Nero enquistado…



Santo Protector das Feiras,

Santo Patrón Monetario,

Santo de moitas maneiras:

¡Político santulario!

Nun mundo tan do revés...




¿Como se pode entender

-Sendo claro e evidente,

Nun mundo tan diferente,

Nun mundo tan do revés-,

Que catro por dous son tres,

Cando o sabio Impertinente

Multiplicou vinteséis?

CUNHA PÓLA DE PRIXEL.


“IMPERTINENTE” NIVELADOR


ÍMPER xa trouxo o NIVEL

Para puntuar o Nero

Con todo o saber primeiro

-Sabor a escoba e chisqueiro-,

Impertinente saber

De alquimista e de segrel,

De copista e de canteiro,

De canto ofrece Rappel

Para coroar o “credo”

Cunha póla de prixel.

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

IGUAL DÁ PEDAGOXÍA.



Mestres da democracía:
As nenas, pra profesoras;
Os nenos, pra futbolistas…


A Falanxe Cutrefina,
Coma a Caixa de Pandora,
Cando á liturxia incomodas…


Bica o incensario as pistolas:
Por debaixo e por enriba,
Pólvora de sacristía…


O “pedigrí” sempre mola:
IGUAL DÁ pedagoxía
Co seu canón de vitola…

INGLÉS DE CALCOMONÍA.





FUNERARIAS eSeÁ

-Promocións dun grande artista-

Rebaixa o paro en GaliZa.

Quebra a folla de afeitar,

O percebe, o calamar,

Caldeirada á robaliza...,

E ata esas ganas de obrar

Que rexeita a lavativa.



Xa non se pode aguantar:

¡Vivan da teta estatal,

Mantenza da guapería,

O Lápiz e maila harpía

Do bon pensar e falar!:



¡CLASES DE FILOLOXÍA!,

Galiciano, ¡“nunca máis”!:

INGLÉS DE CALCOMONÍA