AIREnaEIRA
AIREnaEIRA
segunda-feira, 17 de novembro de 2008
O RATO DO CALVARIO.
Boina neghra no papel:
Rato vello, rabo fino
-Contra corrente, cordel
Da luz que lle deu sentido…
Se é no Calvario, Rapel,
Cabeza de ghran de millo:
Boina-rato, ¿rato ou Timo
Debuxados nun mantel?
_______________
ARTIFICIO CHINÉS.
O lume naceu preñado:
Leva no celme o seu ser,
Multiplicando embarazos
Polo bico, polo abrazo…,
Porque se lle arrime alguén.
O lume naceu descalzo:
¡Coitado, nin corpo tén!
Se dorme, podes gardalo
Na pel do misto, arroupalo
Polo artificio chinés.
_____________
PLAN RENOVE
Chove no tellado propio:
No estío, esa chuvia é ouro…
Chove no tellado alleo:
No inverno, o chuvasco é cego…
Tolo chover, sen permiso,
Chover sen ningún respeto
Do pluviómetro Touriño,
Do secano Zapatero....
Se levas paraguas, chove;
Se non o levas, parello.
Por iso, LápizCortello,
Comprensivo e milagriero,
Deseñou o “Plan Renove”
De pórlle unha billa ao teito.
_________________
mellor dixestión.
Impertinente - Nerón,
Dun habano moi cumprido
Fumado no Malecón:
Banana en polvo frixido
Na tixola do calzón,
Naquel lugar preferido
Pola buxaina-roncón
Da gaita do buxarrón
Amante dun bo “CUcido”
Para mellor dixestión.
román de taberna
No seu román de taberna
Deseñou un paladino
Escravo nas súas maneiras,
Esmolante no contido,
Óptimo na caghalleira
Polo lugar consabido.
___________
Mensagens mais recentes
Mensagens antigas
Página inicial
Subscrever:
Comentários (Atom)