quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

MÁIS ALÁ DO NECESARIO.




________________________
Dous fungos de rechupete

Onda as follas do carballo;

Emparellado dobrete,

Dous corazóns -Pili e PePe-,

Pola frecha profanados,

Transgredidos, trastornados

De orxiástico quererse

Fóra do recomendado...


Quen non pecou de “indecente”

Nunca tivo poucos anos.
____________

MÁSTER EN CASTRACIÓNS.






___________________________
Neste alpendre moralista

Sentan cátedra de alfoz

O seudo-LápizFeroz,

O Miranda “voyerista”,

O Impertinente alquimista,

Pasando polo OTTimista

Cos dous tés de tontarrón»,

O Xitano de Nerón…



Por prendas - porque son bos-,

Aceptemos os sermóns

Do bo pensar de analistas

Con máster en castracións,

Nas castracións de alpinistas.

CO BOLERO DE RAVEL.






_______________________

Por simple regra de tres,

O mapa do Zapatero

Deseñouno lapicero

-Encerella a solidez-

Nun cartaz do Corte Inglés;

Pendurouno do revés

-¡Malpocado financeiro!-

Do mastro daquel veleiro

Ancorado no Berbés:

¡Meu coitado carabel,

Ninguén te quixo acoller..!



SALAS, con vento mareiro,

-O mar tampouco ten fe-:

Afogouno nun regueiro

Co bolero de Ravel.

ESTRUCTURA Á CONSTRUCCIÓN.



___________________________

Non por encubrir rencor

Ao abeiro dunha SALA,

Deixa o rancor de ter cara,

¡Moita cara…!, ¡mala cara..!,

Mala inquina e mala cor,

Un corazón de escorpión

Cumpridor dunha vinganza,

Servizo ao mellor postor;

Pois propalando a esperanza

Do “canto peor, mellor”,

Cre cementarlle carcasa:

Estructura á CONSTRUCCIÓN.

Plan DIETA





________________________


Diría que o Plan DIETA


Alimenta a indixestión


Do Salas-Lápiz-Feroz


Coma dueto tizón,


Nutrindo o fervor da trepia,


Acariña o mal humor


Glandular dunha mofeta


Cando lle brinda ocasión


Un facho fiel do fogón


Ben irmandado coa mecha.






Nerón-Xitano, ¡Nerón!,


O lume que se enrabecha


A Impertinencia aSEVERA


No lumeiro, no ferrón…


(Rioderradeiro)