quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

NO FRASCO DA MORALINA.




___

Goberna o leite callado

A mirada pitufina:

LÁPIZ pitufea ananos

Por acenos concertados

Coa grei da pitufanía.



Na carpeta de traballo,

Cartaz de cidadanía,

SALAS, por ben educado,

Para INEMar aos parados

Deseña humor de ardentía:



Sempre a viñeta envasando

No frasco da moralina…

LÁPIZ PARAFUSO.





Impertinente, o cabuxo

Desvira o ronsel do outono:

Por mor do SALAS cotorro

Secuaz da garrulería,

Ferinte, de parafuso,

Corre un cheiro a felonía.


Este camorrista en cromos,

Este LÁPIZ furabolos

Parafúsalle os miolos

Á carcoma e á polilla.
___________

POR MALVERSAR A PALABRA.






Entre a mecha e a gravata,

Disque lle presta ao salón

Un foguete pra sazón:

Mediando no cala - fala,

Aliñou LÁPIZ ración,

Salpementando o colchón

De anestesiar o nirvana

-¡Pobre SALAS..! -

Coas armas da destrucción,

Por malversar a palabra…

__________________

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

REVESTIDOR DE FACHADAS.




Había en Ferrol un SALAS,

Debuxante de receitas

LÁPIZferoz da ledicia,

SALpementador da risa

Co prebe da caldeirada

E un calcetín pra aliñala…



Gran servidor de enSALAdaS,

En menos de tres viñetas,

Tres mil millóns de etiquetas,

Resumía en tricolada

MestreSALAS cuchufletas,

Revestidor de FACHAdas

FLOR E NATA DOS MARISCOS.






SALAS de monocultivo,

LÁPIZ-Feroz tatabexo;

No desandar circunflexo,

Queimacasas Cutrefino…



Das eleccións, adiviño,

“¡Fodembro!”- dixo o *odido

Pintor que emula ao cangrexo

Flor e nata dos mariscos…



“Fodembro” éche ese membro

Que vos *ode dos Quintanas, do Touriños...