Entre o sentir e o soñar,
face / envés considerando,
vaise o tempo peiteando
co pente do teu pensar.
Entre o ter e o trastocar
mazorcas do mesmo saco,
baixa, ás veces por buraco,
fariña sen peneirar.
Se fornece sinatura,
á forza, encarna fisura,
xarampelo en pensamento;
Despilfarra o sentimento
cando a fame ha conformar
cando a fame ha conformar
na confusión da fartura;
Entre aforar e aforrar,
enfatiza o fundamento
fermento con ferradura.
(Rioderradeiro)