sexta-feira, 21 de novembro de 2008
bilingüismo polo estrés.
(En plena campaña de apostasía dos eufemistas "biligüistas"...)
_____________
Bordas, Salas, o papel,
No lenzo, careto humano;
No frontispicio do cadro,
Profanas co teu pincel
O sagrado capitel
Onde as galiñas e os galos
Rompen a falar no inglés
Negreirés-compostelano
-Sobra mellor comentario-,
E no vigués aresano
Que practican no Berbés
Transxénicos tertulianos
Na lingua que sae dos pés
Coma do cu medra un grano
Polo curso e polo estrés.
(Vigo, 27/05/08)
________________________________
quinta-feira, 20 de novembro de 2008
OS REIS DE MIRANDA.
OS REIS DE MIRANDA.
(No alpendre de “Sales”)
____________________________
Saíu Miranda do fusco
matinar do seu cortello,
no mesto orballo de Lugo,
á procura dos camelos.
- ¡Dádeme esa man, meu Mago!,
quero peaña en Santiago.
¿Que me traerán os Reis
da Cabalgada dos Nenos?
¿Unha unha mociña de lei
ou promoción no CORREO?
-¡Dádeme esa man, meu Mago!,
quero peaña en Santiago.
¡Déixeme, Pousa, pousar
no cartaz dos descontentos
e, coa mesma, sementar
os froitos do meu talento..!
-¡Dádeme esa man, meu Mago!,
quero peaña en Santiago.
Xaneiro rompeu a andar,
e esas respostas a tempo
sonche a peaña do altar
do curral do Santo Acebo.
-¡Dádeme esa man, meu Mago!,
quero peaña en Santiago.
Saíu Mirando do fusco
matinar do seu cortello,
no mesto orballo de Lugo,
á procura dos camelos...
-¡Dádeme esa man, meu Mago!,
quero peaña en Santiago...
todo o ano.
(ManuMar, 6/01/08)
______________________
quarta-feira, 19 de novembro de 2008
terça-feira, 18 de novembro de 2008
Subscrever:
Mensagens (Atom)