Eles todo llo
adxudican
ao seu valioso
traballo,
ao seu desvelo
a destallo,
aos seus
saberes a esgallo;
e ao narcismo
se aplican
e nunca se
prexudican;
mans de ladróns
que latrican
levan consigo
un atallo,
e a quen se opoña
replican
con rigoroso
espantallo:
- Para rebelde
hai vergallo;
por escarmento aplicamos
lei de talión
de agasallo:
o seu corpo
fusilamos
e o corazón
rematamos
con faca que
non tén fallo;
defunto,
santificamos,
francamente
veneramos,
como nos pete o
carallo,
asasino en sopostallo.
Capitalismo ambidextro,
o seu Caín por
ancestro,
do criminal non
se esquece;
zugando sangue
florece,
nese afán de
poder crece
con sixilo e
por secuestro,
de consumado
cabestro,
que nin sinte nin
padece
nin por remorso esmorece,
pola zafoña, é maestro.
(Rioderradeiro)